Concurso de Fotografía do Centro SocioComunitario de Bouzas



BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA


1. Aspectos xerais:
Concurso fotográfico: “O mar en Bouzas”

2.Temática:
Conxunción da temática mariñeira e marítima co barrio de Bouzas. As fotografías van orientadas a reflectir a relación de Bouzas co mar no momento actual.

3.Condicións:
Han de ser fotografías ou montaxes fotográficas actuais realizadas ex professo para o concurso. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún concurso. 

4. Participantes e número de obras:
Poderá participar toda aquela persoa que o desexe cun número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante. 

5. Premios:
Primeiro premio: Disco duro de 2 teraBytes e diploma acreditativo.
Segundo Premio: Trípode adaptable e diploma acreditativo. 
Terceiro premio: Mochila para cámara fotográfica e diploma acreditativo.

6. Presentación das obras:
As fotografías presentaranse na conserxería do centro sociocomunitario de Bouzas do seguinte modo: Na parte traseira farase constar o alias ou código que o autor desexe (Sempre que non sexa identificativo), e adxuntando en sobre pechado os seu nome completo e número de teléfono, facendo constar o alias ou código no exterior do sobre.
As fotografías presentaránse en papel, podendo ser reveladas mediante proceso químico ou impresión dixital en papel de alta calidade (300g/m²)
Para a correcta exposición das fotografías no Facebook é preciso remitilas á seguinte dirección de correo electrónico: rocio.fernandez.diaz@xunta.es, indicando soamente o alias ou código xa referido na fotografía impresa, ningún dato máis que poda levar a esclarecer a súa identidade.
O tamaño mínimo das fotografías originais será de 30x40 cm e o máximo de 40 x 50 cm, correspondendo este tamaño á imaxe fotográfica, sen ningún tipo de montaxe nin soporte, quedando automáticamente excluidas as que veñan montadas.

7. Prazo de recepción das obras:
Do día 07/05/2018 ata o día 25/05/2018.

8.Selección de obras , xurado e decisión: 
O xurado estará formado polo monitor da actividade de fotografía, a monitora da actividade de informática e unha persoa traballadora do centro. A votación do xurado suporá un 50% á hora de outorgar o premio.
O outro 50%, fixaráse por un concurso que se realizará na páxina de Facebook do centro dende o día 28/05/2018 ata o 11/06/2018.
A decisión será publicada o día 13/06/2018 no taboleiro de anuncios do centro e máis no Facebook do centro.

9.Compromiso dos participantes e da organización:
Cesión dos dereitos de reprodución das fotografías gañadoras e das seleccionadas para a exposición, sempre que se mencione o autor e teña como fin a divulgación e promoción cultural e, en calquera caso, sen ningún tipo de beneficio económico. 
Os autores responsabilizaranse da autoría e orixinalidade das obras presentadas así como de que non existan dereitos de terceiros sobre elas e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidera formularse. 
As fotografías gañadoras e seleccionadas exporanse no centro sociocomunitario de Bouzas ata o día 26 de xullo de 2018. 
As copias impresas quedarán á libre disposición do centro sociocomunitario de Bouzas.
O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes bases. 

En todo aquilo non previsto nestas bases, o centro sociocomunitario de Bouzas resolverá o que proceda. 

Centro Sociocomunitario de Bouzas
https://www.facebook.com/csbouzas/






Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares