CONCURSO FOTOGRÁFICO "A NOITE EN BOUZAS"
BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA.
1. Aspectos xerais: Concurso fotográfico: “A noite de Bouzas”
2.Temática: Conxunción da técnica e recursos precisos para a realización de fotografía nocturna no barrio de Bouzas. As fotografías van orientadas a reflectir a beleza que aporta a luz nocturna e os elementos fotográficos ao barrio de #Bouzas.
3. Condicións: Han de ser fotografías ou montaxes fotográficas actuais realizadas ex professo para o concurso. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún concurso.
4. Participantes e número de obras: poderá participar toda aquela persoa que o desexe cun número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.
5. Premios:
Primeiro premio: Impresora Zoemini printer e diploma acreditativo.
Segundo premio: Trípode primax 350 e diploma acreditativo.
Terceiro premio: Estuche para cámara e diploma acreditativo.
6. Presentación das obras: As #fotografías presentaránse na conserxería do centro sociocomunitario de Bouzas do seguinte modo: Na parte traseira farase constar o alias ou código que o autor desexe (Sempre que non sexa identificativo), e adxuntando en sobre pechado os seu nome completo e número de teléfono, facendo constar o alias ou código no exterior do sobre.
As fotografías presentaránse en papel, podendo ser reveladas mediante proceso químico ou impresión dixital en papel de alta calidade (300g/m²)
Para a correcta exposición das fotografías no Facebook é preciso remitilas á seguinte dirección de correo electrónico: rocio.fernandez.diaz@xunta.es, indicando soamente o alias ou código xa referido na fotografía impresa, ningún dato máis que poda levar a esclarecer a súa identidade.
O tamaño mínimo das fotografías originais será dende o tamaño A4 (21 x 29,7 cm) e o máximo de 40 x 50 cm, correspondendo este tamaño á imaxe fotográfica, sen ningún tipo de montaxe nin soporte, quedando automáticamente excluidas as que veñan montadas.
7. Prazo de recepción das obras: Do día 06/05/2019 ata o día 27/05/2019.
8.Selección de obras , xurado e decisión: O xurado estará formado polo monitor da actividade de fotografía, a monitora da actividade de informática e unha persoa traballadora do centro. A votación do xurado suporá un 50% á hora de outorgar o premio.
O outro 50%, fixaráse por un concurso que se realizará na páxina de Facebook do centro dende o día 27/05/2019 ata o 10/06/2019.
A decisión será publicada o día 12/06/2019 no taboleiro de anuncios do centro e máis no Facebook do centro.
9. Compromiso dos participantes e da organización:
Cesión dos dereitos de reprodución das fotografías gañadoras e das seleccionadas para a exposición, sempre que se mencione o autor e teña como fin a divulgación e promoción cultural e, en calquera caso, sen ningún tipo de beneficio económico.
Os autores responsabilizaranse da autoría e orixinalidade das obras presentadas así como de que non existan dereitos de terceiros sobre elas e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidera formularse.
As fotografías gañadoras e seleccionadas exporanse no centro sociocomunitario de Bouzas ata o día 31/08/2019.
As copias impresas quedarán á libre disposición do centro sociocomunitario de Bouzas
O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes bases.
En todo aquilo non previsto nestas bases, o centro sociocomunitario de Bouzas resolverá o que proceda.
Comentarios
Publicar un comentario